Blogia
petalofucsia

LIBROS2: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO" DE XOSÉ NEIRA VILAS. Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.

Memorias dun neno labrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Memorias dun neno labrego é unha novela de Xosé Neira Vilas publicada en Arxentina en 1961.

Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.

O libro tivo como primeiro lector a Rafael Dieste. Deseguido, Luís Seoane amousou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.

O libro foi moi ben acollido na diáspora galega e enviáronse a Galiza algúns centos de exemplares que foron divulgados e así mesmo tamén gozaron dunha boa acollida.

Hoxe é o libro máis lido da literatura galega e está traducido a case todas as grandes linguas.

Índice

[agochar]

[editar] Argumento

O protagonista é Balbino, un neno da aldea, que ten que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega de xacando.

Así comeza a novela:

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.

[editar] Traducións

Foi traducido ao inglés baixo o título de Memoirs Of A Peasant Boy, e publicado en 2007 pola editorial canadense Trafford. A tradución realizouna Camilo Ogando. ISBN 9781412028929

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

1 comentario

petalofucsia -

Este libro está lleno de costumbres, al igual que el que dije, de "Ojos de almendra" de Sophie Dubreil.

Están influenciadas por las ideas cristianas, pero tampoco tanto, tanto.