JUEGOS Y DIVERSIÓN: HUMOR. HUMOR GALLEGO. "MUCHA E NUCHA. AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO". Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandereteiras de Ardebullo".
Mucha e Nucha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandereteiras de Ardebullo".
Índice[agochar] |
[editar] Traxectoria
Comezaron en 2004 a facer actuacións soltas en obras colectivas de humor na sala Nasa de Santiago de Compostela e noutras salas e concursos de humor en Galicia. En 2007 comezan a participar puntualmente en programas da Radio Galega e, posteriormente, no programa de variedades da Televisión de Galicia máis lonxevo, o Luar.
[editar] Forma e estilo
Baséanse no humor dialogado, en xeral entre os dous actores, de estrutura sinxela e baseado na retranca[1]. O seu sketch básico consiste na adaptación dun tema de fondo, do que sae un rumor que non queren contar, pero que acaban contando. Por último cantan unha canción, normalmente adaptada e ridiculizada.
[editar] Personaxes
Mucha e Nucha son dúas irmás dun lugar chamado Ardebullo. Contan que son 13 irmás, e de entre elas, Carmucha forma parte do trío, pero explican que nunca pode asistir. Son fillas da Conexa, muller de reputación por ter as paletas moi largas. Tamén é personaxe de referencia habitual o Padre Nicanor, ó que lle dedican cancións e máis dun rumor.
[editar] Notas
- ↑ Duelo de gargalladas, La Voz de Galicia, 14/12/2004
0 comentarios