Blogia
petalofucsia

DANZA Y FOLKLORE: PELIQUEIROS; Chámase peliqueiro (ou piliqueiro) a máscara característica do entroido de Laza.

 

Peliqueiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámase peliqueiro (ou piliqueiro) a máscara característica do entroido de Laza.

[editar] Descrición da máscara

A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.

O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta.

Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.

[editar] Orixe

O entroido de Laza sitúase entre os dez máis antigos do mundo, e existen diversas teorías sobre a orixe do entroido desta localidade ourensá:

1.- Algúns etnógrafos relaciónano coa máscara chamada "Morena", que é outro dos elementos do Entroido lazano e que consiste nunha cabeza de vaca feita de madeira, simulando un animal bovino, que roma contra as mulleres, coa máscara que saía en Roma nas Kalendas de marzo. Contra ela escribiu San Pacíano no século IV o libro “Cervus ou Kerbos”, e foi vituperada por San Eloi nun sermón do século VII. Di Xesús Taboada que se pode vencellar con pinturas prehistóricas que supóñense cerimoniais teriolátricos; máscaras híbridas, como o feiticeiro da Cova dos “Trois Freres”.

2.- Outros autores fixan a orixe do Entroido nas Saturnais que se celebran na Roma antiga, nas que os señores se vestían coa roupa dos escravos e estes pola contra gozaban de liberdade. Tamén se ten atopado relación co deus grego Dioniso, deus dos praceres, e que coa chegada do cristianismo perdeu a súa condición simbólica e máxica.

3.- Outros autores atópanlle relación cos celtas debido, entre outras cousas, a que antigamente os debuxos das caretas dos peliqueiros estaban relacionados co sol, coa lúa e coas estrelas. Aínda hoxe se pode ver algunha con estas características. De feito, antes o logotipo do concello de Laza era unha careta de peliqueiro cos debuxos do sol, da lúa e das estrelas. Por iso e segundo algúns autores, esta simboloxía podería ser anterior ós romanos, atopándolle unha procedencia celta, pois os castrexos adoraban as forzas da natureza, ou talvez anterior; aínda que, cronoloxicamente, máis tarde se romanizara. Isto ten certo sentido pois segundo Paúl Yacostal, na súa obra Early Celtic art fala do Cheshire Stail coma unha das fases da arte celta. Chámalle así polo achado dunhas máscaras que lembran ó sorriso burlón idéntico ó do gato de Cheshire, un dos personaxes que aparece no conto de Alicia no país das marabillas. A careta do peliqueiro tamén posúe o sorriso burlón idéntico ó do gato de Cheshire.

4.- Segundo outros autores a orixe do entroido está nas Lupercais romanas que se celebraban 14 días antes das kalendas de marzo. Conta a lenda que atopándose Rómulo no monte do capitolio, cerca da cova Lunaria onde fora amamantado por unha loba, decatouse de que se lle perdera o gando que estaba pacendo. Desesperado, pediulle axuda ó deus fauno Luperco, protector das reses e da fertilidade. Despois de ofrecerlle un sacrificio, o deus ordenoulle correr espido na súa procura polo monte abaixo. Así Rómulo deu con el, e coa soa axuda dun pequeno látego de coiro, voltou a reunir o gando suficiente para continuar fundando o primeiro imperio de occidente. Esta é a orixe das festas Lupercais, que co paso dos séculos convertéronse nunha grandísima celebración orxiástica na que participaba todo o pobo o 15 de febreiro. O folión principiaba cando os mozos baixaban correndo do Capitolio batendo na xente cunha badana. As similitudes entre os mozos romanos e os peliqueiros lázanos é clara, sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia. Os peliqueiros conservan a pelica que antes era de gato e agora é sintética para cubrirse. A súas máscaras, dende tempos inmemoriais que se remontan á dominación romana, están vencelladas ós animais totémicos que coinciden cos sacrificados nas festas das Lupercais: os cánidos (lobo, raposa ou can) e os cápridos (cabra,año ou carneiro).

Porén, Xosé Ramón Mariño Ferro, profesor de Antropoloxía social da Universidade de Santiago, descarta a pretendida orixe pagana do Entroido considerando que esta festa ten as súas raíces no cristianismo e que se trata dunha creación puramente medieval. Afirma que os curas identifican carnalidade e sexualidade co mundo pagán, pero en realidade é de creación medieval pois todos os disfraces teñen claramente un significado dentro da cultura medieval. (Actualmente, en Laza, algúns homes tamén andan espidos pola praza da Picota os días de Entroido).

5.- Existe tamén outra opinión, moi estendida, de que a figura principal do Entroido de Laza “o peliqueiro” nace cos recadadores de contribucións do Condado de Monterrei (século XV). Esta teoría non ten fundamento ningún e así o aseguran Rafael Somoza no seu libro El carnaval de Laza di: "Como se explicaría que o Entroido nacera co Condado de Monterrei coa cantidade de coincidencias na indumentaria, que serían unha repetición, nada menos, que da empregada non xa polos gregos e romanos senón polos celtas, hai máis de vinte séculos no tempo?".

Luís Cougil, tamén contradí esta teoría asegurando que o látigo para fustigar ritualmente, a representación de animais totémicos na máscara e o revestimento de pel, teñen unha orixe bastante anterior á época medieval, e está estreitamente ligado este personaxe cos demais elementos que conforman o Entroido lazano, en canto as súas posibles orixes.

Con todo isto cabe pensar que a orixe do Entroido pérdese na noite dos tempos, constituíndo unha festa na que os ritos e manifestacións de orixe arcaica se misturan na época romana con outros de tipo social que perviven ata a Idade Media durante a que se lles infire un sentido cristián e así queda formando parte do ciclo litúrxico cristián, como “carnestolendas“ ou despido honroso das carnes ante o comezo da coresma. De tódolos xeitos, e copiando ao escritor Caro Baroja, a esencia ou a orixe do Entroido non é o elemento máis importante para comprendelo, senón o estudo das características propias dos seus elementos así como a súa supervivencia a través dos avatares da historia.

[editar] Bibliografía

  • Vicente Risco: "Cultura Espiritual" in Otero Pedrayo: Historia de Galiza
  • Xaquín Lorenzo Fernández: "Cultura Medieval" in Otero Pedrayo: Historia de Galiza
  • Xesús Taboada Chivite: "Cultura Material y Espiritual" in Los Gallegos, varios autores 1976
  • Xaquín Lorenzo e Vicente Risco, "Boletín da Real Academia Galega", T.XXIV
  • Nieves Amado Rolán: "Laza - Entroido". Deputación Provincial de Ourense, 1990
  • Adolfo Rolán: "Verín y Comarca"
  • Antonio Augusto Dieguez Añel: "Támega, por un valle de civilizaciones milenarias"
  • José Alonso Obregón: "O Fidalgo de Monterrey"
  • Xerardo Dasairas Valsa: "O Entroido en terras de Monterrei". Edicións do Cumio. Vigo 1990
  • Federico Cocho: "El Carnaval en Galicia". Ed. Xerais 1990
  • VV.AA.(Cocho, Dasairas, Reboredo, Ferro...): "Tempos de festa en Galicia". Caixa Galicia 2007
 

1 comentario

petalofucsia -

¿Guardará tal vez, alguna relación con el culto a alguna divinidad, no sé, Dionisio o Baco?

Se habla de Lupercais y Saturnais...

Insisto en que creo que el vestuario guarda una estrecha relación con el pensamiento y la actitud ante la vida.

También con la intensidad lumínica y con los juicios de valor, creencias y dogmas.