Blogia
petalofucsia

RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA: EL CAN DE PALLEIRO. O can de palleiro é unha raza de cans de orixe galega. A súa función zootécnica ou da raza é a de can pastor e tamén de garda.

Can de palleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Razas domésticas autóctonas [editar]

Asno zamorano..

Actualmente existen por el todo el territorio español una serie de razas autóctonas de animales domésticos con diferencias notables en cuanto a número y grado de conservación. Destacan las razas ovinas (oveja merina, oveja xalda, churra tensina, colmenareña, segureña, ojalada, sasi ardi, roja levantina, ovella galega), vacunas (toro de lidia, blanca cacereña, retinta, pajuna, tudanca, rubia gallega, alistana-sanabresa, morucha, negra avileña, betizu, vaca canaria, vaca palmera), caprinas (payoya, tinerfeña, retinta extremeña, azpi gorri, cabra pitiusa) y porcinas (cerdo ibérico, cerdo negro canario, porco celta, chato murciano, torbiscal).

También existen varias razas autóctonas de burros (Andaluza-cordobesa, Asno zamorano-leonesa, catalán, burro majorero), caballos (Pottoka, asturcón, caballo andaluz, jaca navarra, raza losina), palomas (colom gavatxut, colom borino) y gallinas (utrerana, pardo de León, castellana negra), así como unas casi cuarenta razas de perros autóctonos.

Can de palleiro

O can de palleiro é unha raza de cans de orixe galega. A súa función zootécnica ou da raza é a de can pastor e tamén de garda.

Índice

[agochar]

[editar] Breve resumo histórico

[editar] Orixe da raza

É un can do tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño do centro de Europa, acompañando os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións (celtas, suevos, visigodos e normandos) que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica; compartindo unha orixe común cos pastores belgas, neerlandeses, de Picardía, Castro Laboreiro, alemáns, etcétera e foron mesturadas moi frecuentemente con este último.

É o can de granxa típico que existiu desde sempre en Galicia; recibe o nome de Can de Palleiro en alusión ó palleiro onde adoitaba durmir.

[editar] Área de orixe e dispersión

Comprende toda a zona atlántica noroccidental da Península Ibérica, atopándose en toda Galicia, ó longo do agro galego. Hai animais por terras de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada (Pontevedra), nos concellos ourensáns de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, A Merca, O Irixo, en terras dos Ancares e interior da provincia de Lugo, así como por distintas zonas da provincia da Coruña.

[editar] Prototipo racial

Cadelo palleiro

[editar] Características xerais

[editar] Aparencia xeral

Este animal é de tronco indoeuropeo, rústico e rexo, de tipo lupoide, de perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60-62 cm á cruz; mesodolicomorfo, de proporcións harmónicas e de constitución forte, con ósos bastante anchos, característica da súa rusticidade. As femias son algo máis baixas, de aspecto máis lixeiro e de proporcións máis lonxilíneas. A pesar de presentar unha osamenta forte non dá unha sensación de pesadez ou de animal linfático, xa que os seus movementos son rápidos e de boa musculación.

[editar] Temperamento e comportamento

É un can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas arreándoas e gardándoas como tamén coida da casa. Presenta un carácter forte e reservado cos estraños, sendo ademais valente e trabador, características que o fan un gran colaborador na condución e garda do gando. Cunha gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase dóce e tranquilo. É necesario destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor, polo que este trazo débese coidar en extremo, fomentando a selección de exemplares equilibrados e suficientemente socializados.

[editar] Características rexionais

[editar] Cabeza

A cabeza é forte, cunha lonxitude aproximada de 4/10 a alzada á cruz, en forma dunha pirámide horizontal, con óso denso, proporcionada coa conformación do animal. O cranio é plano e largo, con arcos superciliares suavemente marcados e concas orbitarias pouco apreciables. A depresión frontonasal non é moi evidente. O nariz e o fociño son medianos e angostos, proporcionais ás dimensións da testa. Os beizos son normais e apertados (sen que o superior supere a base das enxivas inferiores), non teñen tendencia a ser colgantes. As mandíbulas son fortes, con arcada dentaria completa e ortognatos, coa trabada en tesoira. Os ollos son de mediano tamaño e de expresión vivaz, de cor variable, desde castaña escura nas capas negras, ata a cor mel ou amarela; nalgúns exemplares, a pigmentación das pálpebras é negra. As orellas son de inserción alta, grandes e erguidas, cunha implantación un pouco aberta.

[editar] Pescozo

Presenta un pescozo musculoso e proporcionado coa cabeza e o tronco. Debe formar un ángulo coa horizontal de 45º, a elevación é máis evidente co can en acción. A pel non forma papada.

[editar] Tronco

O corpo no seu conxunto é mediano aínda que lixeiramente alongado. A cruz é forte para a inserción co pescozo; a liña dorso-lumbar debe ser lixeiramente descendente, sen enselarse, con lombo curto, ancho e forte, a cruz dos cadrís é redondeada. O peito é longo e profundo, o seu perímetro supera en ¼ a súa alzada á cruz, con fortes costelas que non son aplanadas nin pronunciadas. O abdome é curto e lixeiramente ascendente ós pregamentos do ventre. O rabo é groso, de nacemento alto e presenta abundante e denso pelo, en movemento elévao pero non o leva enroscado na cruz dos cadrís.

[editar] Extremidades

As extremidades son rectas e ben verticais, presentando unha forte estrutura ósea.

  • As extremidades anteriores son fortes, secas, paralelas e ben verticais. A escápula forma un ángulo de 45º coa horizontal, uníndose co brazo en ángulo recto (articulación escápulo-umeral). O brazo é forte e musculoso. Os cóbados non deben estar moi separados nin apertados ó peito, con liberdade de movementos. Antebrazos rectos que diminúen o seu grosor de xeito gradual ata as cuartillas ou metacarpos. Os carpos son de bo desenvolvemento e fortaleza. Os metacarpos están ben proporcionados, con bo desenvolvemento óseo. Os pés son ovalados, aínda que

con certa tendencia a ser redondeados; con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duros e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou tamén brancas nas capas claras.

  • As extremidades posteriores son fortes, paralelas, perfectamente verticais posteriormente e con angulacións evidentes. Pernil largo, musculoso e flexible. Xeonllo e pernas fortes. Xarretes fortes e paralelos. Metatarsos sólidos, robustos e paralelos. Pés ovalados, con tendencia a redondearse, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duros e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou branca, nos animais de capa clara. A presencia de esporón e sexta unlla é relativamente frecuente, aínda que non é desexable.

Movemento

Os movementos son áxiles e fortes. O movemento habitual é o paso, trocando ó trote e/ou galope sen esforzo se o traballo o require.

Manto

Pel

A pel tende a ser grosa, sen flaccidez, adherida ó corpo e á testa.

Capa (cor)

A capa (cor) é normalmente uniforme, presentando unha gran variedade desde areas, canelas, castaños,leonados e incluso negros; en ocasións poden presentarse exemplares coa capa binaria alobada (pelos de cor amarela e nas puntas, negra), coa mestura íntima de pelos amarelos e escuros, amarelando no pescozo, gorxa, peito e extremidades, como sucede nos casos de exemplares desta capa (can lobo). Non son aceptables os individuos brancos marxados nin aqueles con grandes particularidades brancas.

Pelo

En canto ó pelo é espeso, tupido e denso, máis no inverno, por ser un animal que adoita vivir ó pé da casa, sempre fóra, co gando ou no palleiro.

Tamaño e peso

Alzada á cruz

Machos 59-65 cm; femias 57-63 cm.

Peso

Machos 30-38 kg; femias: 25-33 kg.

[editar] Faltas, defectos e faltas e defectos descualificables.

Faltas

Calquera desviación dos criterios mencionados.

Defectos

Orixina a diminución máis ou menos acusada dalguna función determinada do animal, podendo ser total, parcial ou rexional, dependendo do grao en que se vexa menoscabada a aptitude esencial do animal:

-Coxeiras en extremidades.

-Ablacións ou mutilacións en orellas e rabo.

-Ausencia de pezas dentarias por extraccións.

-Traumatismos nos ollos con perda de visión.

Faltas e defectos descualificables

Son aquelas características que en absoluto se axustan ós criterios mencionados no estándar raciale son excluíntes por si mesmas:

-Anomalías psíquicas.

-Defectos anatómicos ou de tipo, ligados a xenes indesexables:

Inestabilidades ou desequilibrios de carácter.

A timidez ou agresividade extrema sen provocación.

Epilepsia.

Monorquidia e criptorquidia.

Displasia de cadeira.

Atrofia progresiva da retina.

Peches incorrectos das arcadas dentarias: enognatismos e prognatismos.

Ausencia de máis de dous premolares.

Albinismos.

Os exemplares brancos marxados.

As capas brancas ou con grandes particularidades brancas.

Iris de cor azul.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

0 comentarios